acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Maiakovsky
Na selva dos andeis aparecen os libros sen ser convocados, (re)descubrindo así o que nos preocupou un día, o que nos gusta sempre, o que podemos (re)ler de novo.

Así me veu á man Poesía e revolución de Vladimir Maiakovsky, un libro editado en 1974 por Edicións 62, a segunda edición, porque a primeira era do 71, ou sexa, antes da morte do ditador.

No capítulo titulado "Como facer versos" podemos ler estas conclusións:

1. A poesía é produción, moi difícil, moi complexa, mais produción.
4. O versificador debe traballar cada día para perfeccionar o oficio e acumular provisións poéticas.
9. Só unha actitude produtiva cara á arte elimina a casualidade, a falta de principios nos gustos, o individualismo nos xuízos...


Tomo nota...

Tamén di:

11. O ambiente cotiá inflúe na creación dunha obra auténtica, ao igual que todos os demais factores.

Pois hoxe non dou feito nada!! De nada!!
Comentarios (5) - Categoría: libros - Publicado o 06-07-2007 20:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 "Só unha actitude produtiva cara á arte elimina a casualidade, a falta de principios nos gustos, o individualismo nos xuízos..."
Esta sentencia#blgtk08# resúltame exactamente iso... unha sentencia... de morte...
e seguro que a Maiakovski llo parecería tamen, por iso se pegou un tiro...
Comentario por ekis1331 (07-07-2007 03:45)
2 Pois seleccionei esta "sentenza" porque para min ten que ver co dominio da técnica artística, máis alá de casualidades e momentos de "inspiración", algo q#blgtk08#ue, a estas alturas da miña vida, ten cada vez máis importancia: o oficio, o oficio poético.

En calquera caso, é un pretexto para o debate.
Comentario por Acuática (07-07-2007 19:52)
3 Si, enténdote, e quizais me pasei un anaco coa metáfora.
Efectivamente imaxino que, a escritura, entendida como forma de vida obriga tanta disciplina coma calquera outra actividade profesional, non é isto o que a min me contraria na devandita sentencia, senón o cómo está formulada, i é que na miña opinión, se algo#blgtk08# distingue os "oficios" artísticos dos demais é o traballar encol do intanxible, e nesta "materia prima" entendo como fundamentales tanto o azar, coma a falta de prexuizos estéticos, como a subxectividade...

Por certo, os teus (seus) poemas son fermosísimos, alédame ter atopado este blog... esta fiestra...
Comentario por ekis1331 (07-07-2007 21:32)
4 Grazas polo comentario aos poemas.

Sobre o oficio, estou de acordo, aínda que penso que o azar intervén en toda actividade, a#blgtk08#sí como debería intervir a falta de prexuízos, ou que a subxectividade é inherente á actividade artística... Que sería do intimismo, se non.
Comentario por Acuática (08-07-2007 10:20)
5 Exacto. #blgtk08#
Comentario por ekis1331 (08-07-2007 11:03)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0