acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

(1940)
Arquivo familiar Marta dacostaEste poema, publicado no libro do Festival da Poesía de 2006, foi escrito en 2004, durante unha dolorosa convalecencia en que miña nai me acompañaba e recuperaba para min lembranzas coma esta, en que unha sereíña nova voltaba do duro traballo nocturno na Ribeira (o porto do Berbés en Vigo). Esa sereíña é a miña avoa Saladina (a moza da foto), que debeu levar un susto tremendo esa noite.

O poema forma parte dunha serie en que vai quedando constancia da memoria da estirpe familiar á que pertenzo e que é o núcleo dun libro inédito que na súa forma definitiva titulei Cinza.

(1940)

Volve da Ribeira,
deixou no peirao as mans de serea
aínda que leva as escamas no corpo.
Un vulto asexa,
baixo a manta foxe ao frío da madrugada
e convértese en sombra ameazante.
É o Roxo,
un home enorme gardando o medo do asasino,
o asasino que ditou orde de morte,
que sinalou un por un aos paseados,
que denunciou, xulgou e condenou
desde o poder da cobiza
e agora non dorme,
non dorme porque na noite
a estadea dos paseados na súa procesión eterna
marca a porta da súa casa,
deita cera ao redor do seu leito,
aproxima do seu rostro as caveiras putrefactas,
farrapos de fantasmas,
inmensamente poderosos e xustos.
O asasino Sinforiano
paga a un home
para impedir a entrada da estadea.
O Roxo non dorme,
envurúllase na manta contra o relento da noite.
?Pasa nena,
son eu que estou a gardarlle o sono
ao malnacido?.
Comentarios (3) - Categoría: Cinsa - Publicado o 29-06-2007 17:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Hai que deixar constancia de todo iso. Se non recordo mal, este poem#blgtk08#a xa cho oíra recitar nunha ocasión na Casa do Libro. ¿Recordo ben?
Comentario por náufrago (29-06-2007 20:49)
2 Si, porque ese día recitei vario#blgtk08#s poemasdese libro. Boa memoria.
Comentario por Acuática (01-07-2007 10:35)
3 Teño moi mala memoria. O que sucede é q#blgtk08#ue este poema impactoume especialmente.
Comentario por náufrago (02-07-2007 07:49)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0