acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

LAO TSE
De http://sepiensa.org.mx/contenidos/historia_mundo/antigua/china/lao_tse/lao1.htmVeño de ler o Tao te king de Lao Tse, un dos libros fundamentais sobre o taoísmo. Lin a edición de Xosé Lois García , na editorial Tososoutos, e quedei abraiada ante a personaxe e os seus textos escritos hai mmáis de 2500 anos. Lao Tse foi contemporáneo de Confucio, ambos os dous asumiron a doutrina do Yin e o Yang, é dicir a noite e o día. Mais a diferencia entre ambos é que, mentres Confucio optou polo Yang, Lao Tse defendeu o Yin que representaba os máis pobres, as clases oprimidas.

Para poñerse diante do pobo
precisa que primeiro estea detrás del

***

O home de ben honra a esquerda,
mais quen ama as armas fica á dereita.


Lao Tse era o arquiveiro imperial, mais o seu culto ao universo e á natureza, así como as súas preocupacións sociais, fixeron que fuxise do pazo nun boi camiño das montañas (a imaxe que del gardamos)para entregarse á soidade na que escribiu a súa obra Tao te King, "Camiño virtuoso". Di Xosé Lois García que "o Tao Te King non puido por menos que escribilo en expresión poética, dado que a natureza é poesía...".

As súas palabras:

O grande camiño é liso
mais a xente prefire
corredoiras totuosas.

***

Por isto, o sabio considera todo difícil
e, ao final, non se atopa con dificultades.

***

Quen loita por amor vence.
Quen se defende con amor, mantense firme.
Quen polo ceo é iluminado, protéxeo o amor.

***

Un bo lider de homes sométese a eles.

***

Quen vive baixo cargas e desprezos
non estima a súa propia vida.

***

Ninguén imite ser como o xade
senón como un simple e monótono rochedo.
Comentarios (1) - Categoría: libros - Publicado o 26-06-2007 23:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Non estou moi dacordo de que o grande camiño sexa liso. Normalmente o camiño liso é o máis doado, pero para min o máis desconfiado. Sempre me tocou ir por camiños dificiles para chegar ao mesmo lugar ca os demais, disfrutei e sufrín m#blgtk08#áis do camiño, pero saboreareino mellor á chegada, se algún día chego. Ten moitas interpretacións esa frase.
En todo caso moi inetresantes as referencias, tendo en conta que foron escritas hai 2500 anos!!. Non avanzamos nadiña.
Comentario por Hermaco (28-06-2007 15:39)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0