acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

San Xoán

Chegou o San Xoán, así que hoxe teño de recoller herbas e auga de sete fontes, para me librar de meigallos neste ano que comeza co solsticio de verán. Ándame na cabeza o romance da Flor da auga, na súa versión musical de Luar na Lubre, unha desas cancións que unha non pode esquecer, se cadra porque están apegadas á tradición do noso ser de galegas e galegos. Esta é a letra, recollida por Manuel Murguía:

Madrugada de San Xoán, madrugada a máis garrida.
Que baila o sol cando nace e ri cando morre o día.
¿Onde vai Nosa Señora, onde vai Santa María?
Vai cara á banda do mar, vai cara á banda da ría.
¿Qué diz a Virxe, que diz, qué dice Santa María
¿Cal será a meniña, cal, que colla a fror d'auga fría?
Non sera dama, nin deuda, que será a princesa Aldina,
A princesa namorada, filla do rei de Galicia.
Non hai outra coma ela, tan feitiña e tan bonita.
C'aqueles seus ollos craros, do color d'auga da ría.
Só ti aldina serás, quen leve a fror d'auga fría:
Érguete do teu leito nena, ven cara á banda do mar
Qu'anque ti soiña veñas tornaras en compañía.
Na torre do real palacio, anque inda está lonxe o día
Móvense os liños dun leito, algunha xente s'erguía.
E a princesa ¡dio-la garde! era a moi garrida Aldina
Que vai día de San xoán catar a fror d'auga fría.


Gozade desta noite e botade fóra os meigallos... LUMEEEEEE!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-06-2007 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática