acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Tristes novas, tristes, tristes
Así eran as novas de hoxe á mañá, novas que me levaron mentalmente ás palabras de Mohamed Safá, tan necesarias, ou aos versos de Mahmoud Darwich. Como os do poema Identidade, do que reproduzo, nunha tradución moi libre, unha parte:

Indentidade

...

Escribe!
Que son árabe
Que ti roubaches as viñas dos meus pais
E a terra que cultivaba
Eu e máis os meus fillos
Ti colléchesnos todo excepto
Para a sobrevivencia dos meus netos
Estes penedos
Mais o voso goberno vainos coller tamén
...
Escribe! ...
Que non teño odio polos homes
Que non asalto a ninguén mais que
Se teño fame
Comerei a carne do meu Usurpador
Coidado! Coidado! Coidado
Coa miña furia.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-06-2007 16:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Doen o corazón as sangrantes novas de Palestina. Que tristeza a loita entre irmán#blgtk08#s aguilloada polo fanatismo relixioso sionista que alimenta a outros fanatismos.
Comentario por Hermaco (16-06-2007 00:24)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática