acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Veleiqui no que teimo
Veleiquí no que teimo, no que cismo,
en darme como son; varil, enteiro,
algo salvaxe, rexo e verdadeiro
deica lindes de morte e parosismo.

Eu non quero ver, non, o propio abismo,
o meu ser tebregoso e silandeiro,
nin camiñar somentes un vieiro
que comeza e remata sempre o mismo.

Instálome no amor, ábrome á vida
como se acende prá luz o caravel
en viva labarada estremecida.

Tomade esta fogueira, esta ferida;
unha arraigada paixón sempre fiel.
¡E esta fonda esperencia compartida!

Deixo na xanela este soneto de Poemas da labarada estremecida, un dos libros de Manuel María de referencia para min. Estes días ando á súa procura, extravieino na selva dos libros que hai na nosa casa.
Comentarios (2) - Categoría: libros - Publicado o 29-05-2007 08:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 (Re)descubro á poeta, profesora e persoa. Agardo seguir pasando por estas a#blgtk08#ugas. Parabéns polo blogue, non deixes de salpicar coa túa auga nesta rede.
Comentario por Nasa (29-05-2007 15:51)
2 O vieiro do mar non é un camiño, ábrese e péchase, nunca hai camiño, só horizonte e puntos de referencia, o camiño é o de menos, o caso é andar, ou navegar, e chegar a onde se queira. Sabes a onde chegar,#blgtk08# coñeces a túa ruta, sabes do teu navegar, e a túa teima é o teu vento.
Bendito sexa o Manuel que foi quen de escribir tantos versos dende terra adentro que resoan coma un trebón no medio do mar.
Comentario por Hermaco (30-05-2007 10:07)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática