acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Así fala Penélope (unha antoloxía de xénero)
"Que as poetas galegas foron rompendo moldes e abrindo sucos nun universo antes case masculino en exclusiva é unha obviedade. Que nas últimas décadas se converteron, ademais, nun acontecemento internacional tamén resulta unha realidade incontestable. Para achegarnos ao fenómeno, Chan da Pólvora publica Así fala Penélope, un traballo de Marta Dacosta dirixido a todo tipo de lectoras e lectores –pero especialmente a rapazada– que nos dá unha perspectiva única e contextualizada de máis de corenta poetas, desde Ana Romaní e María Xosé Queizán a Olga Novo ou Paula Luís. A proposta é un apaixonado percorrido a través da escrita contemporánea das mulleres galegas. Trátase dun proxecto inédito: unha antoloxía de xénero onde os nomes e as cronoloxías trenzan un realto comunal con poemas que nos descobren como elas, con frecuencia, recoseron as palabras usadas para facelas lucir dun xeito distinto ou como, as máis das veces, optaron polas teas novbas. O resultado é unha selección que visualiza autoras, reivindica a literatura e lle ofrece á rapazada unha esixente panorámica da poesía desde finais do século XX ata hoxe." da web de CHAN DA PÓLVORA.

Comentarios (0) - Categoría: Así fala Penélope-Antoloxía de xénero - Publicado o 23-12-2022 09:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0