acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Calor en Ourense

Este fermoso debuxo que vedes aquí é nin máis nin menos que a ilustración do poema Sisargas que fixeron os alumnos e alumans de 4º de primaria do CPI José García, en Ourense. Non só o debuxaron, aprendérono de memoria e recitárono todos xuntos no acto programado para onte día 24. O debuxo, que gardarei con moito coidado, foi tamén a especial cortina que debín tirar para descubrir a placa que di que a súa aula se chama "Marta Dacosta".

Foi un día moi especial, creo que para todos, para os nenos e nenas tamén. Inauguráronse as aulas de O Carrabouxo (a de plástica, claro)e a de Fran Alonso, e tamén a aula Adán - Uxío, que vén sendo a aula de Eduación Física, onde estes dous profes desenvolveron e desenvolven entregadamente o seu traballo. Fermosa iniciativa.

O día tamén acompañou e lucíu un sol caloroso que agachou a treboada até ben entrada a tarde.

Só me queda enviar un bico moi grande para Héctor, Andrea, Andrea P., Víctor, Raquel, Andrea F., Nuno, Nerea, Eva, Ivette, Anxo, Gladys, Millán, Idubaren, Cristian, Tania e Mabel.
Comentarios (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-05-2007 15:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
11 Comentario(s)
1 Foi un prazer coñecerte. Gústanos moito o teu poem#blgtk08#a das Sisargas, grazas por nomearnos no teu blog.
Comentario por Raquel e Millán (28-05-2007 11:15)
2 Foi un placer coñecerte e que estiver#blgtk08#as na nosa aula, un bico moi grande.
Comentario por Andrea F e Andrea P (28-05-2007 11:16)
3 De maior queremos ser coma tí, poetas, ti es unha gran #blgtk08#muller, amábel, simpática e moi guapa. Grazas por vir.
Comentario por Eva e Andrea (28-05-2007 11:18)
4 Gostamos moito de que escribas sobre nós e poñas o noso deb#blgtk08#uxo para que o vexan todos. Encantounos coñecerte.
Comentario por Nerea e Nuno (28-05-2007 11:21)
5 Fíxonos moita ilusión coñecerte o outro día. Logo do act#blgtk08#o non puidemos decirche adeus. Mandámosche moitos bicos.
Comentario por Víctor e Cristian (28-05-2007 11:23)
6 Pasámolo moi ben contigo. A túa vida #blgtk08#é moi interesante. Unha forte aperta
Comentario por Anxo e Idubaren (28-05-2007 11:26)
7 Foi un pracer terte no noso colexio e estar contigo. #blgtk08#Gustounos o teu poema
"AS SISARGAS". Biquiños
Comentario por Ivette e Tania (28-05-2007 11:28)
8 Eu si que estou agradecida de vos coñecer e de #blgtk08#poder compargtir con vós ese día. Seguide así.
Comentario por acuática (28-05-2007 13:17)
9 ¡Hola! Perdóneme escribir en español, pero soy de Brasil y mezclar esta riquísima lengua gallega con mi portugués y el poco conocimiento que tengo de la lengua española está demasiado para mi cabecita.
Me encanta muchísimo la cultura y toda la magia gallega y he visto hace poco tiempo en la TVE el programa Desde Galizia para el mundo y allí h#blgtk08#e podido escuchar un de sus poemas "Da Tribo das Sereas" (¡lindísimo!, ¡estupendo!). Por ello aquí estoy, cada vez más encantada con tu obra. Sólo estoy un poco triste por no haber encontrado el poema que me ha traído aquí. Me gustaría mucho tenerlo.
Felicitaciones por su rico trabajo y gracias por compartir con el mundo un don tan especial.
Comentario por Elaine Cristina Cavasse Delmonde (16-06-2007 21:29)
10 Elaine sinto que non poidas ler o poema, pertence a un libro, #blgtk08#Cinza, que está por editar. Agardo que non demore moito tempo.
Comentario por Acuática (29-06-2007 17:19)
11 Muchas gracias por su atención, Marta.
Cuando salga el libro, ojalá lo #blgtk08#pueda comprar por un sitio de internet de ahí.
¡Qué tenga mucha Suerte!
Comentario por Elaine Cristina Cavasse Delmonde (04-07-2007 14:31)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática