acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Vou a Ourense
Hoxe chamoume Mabel para explicarme como chegar ao CPI José García en Ourense. Xa teño anotadas todas as indicacións, agora a ver se son guiadiña.
Pois iso, que vou a Ourense este xoves 24 porque o Equipo de Normalización dese centro puxo en práctica unha iniciativa que consiste en darlle ás aulas nomes de escritores ou persoas relacionadas coa nosa cultura. E vai e resulta que hai unha aula que se vai chamar coma min, incríbel!
Así que vou a Ourense, eu e máis Fran Alonso e O Carrabouxo e máis adiante van ir outras autoras, que o centro tenche moitas aulas e cada unha ten o seu nome.

Estou expectante, porque agora tócanos a nós deixar nos rapaces e rapazas unha fermosa lembranza, esa semente pequerrechiña que vai medrando moi lenta e que un día fará nacer o carballo da lingua na súa boca, ou facelo aínda máis vizoso.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-05-2007 22:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Benvida ao Blog#blgtk08#omillo, Marta.
Comentario por Alfredo Ferreiro (23-05-2007 21:39)
2 Moitas #blgtk08#grazas
Comentario por Acuática (23-05-2007 23:30)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática