|
|
|
|
Contemplar a extinción desde o poema |
|
 Entrevista de Manuel Xestoso para Nós Diario:
"Moitas veces facemos compartimentos estancos, como se as cousas non se tocasen. Mais cando falamos de que esas cousas desaparecen, estamos falando da nosa forma de vivir, da nosa identidade como especie na terra.Esa identidade ten a ver co uso que facemos da terra no espazo no que vivimos e, por suposto, de como nomeamos o mundo. Hai un ensaio de Antonio Gamoneda, Fonación, palabra y escritura, que defende a idea de que o mundo existe cando o nomeamos, non antes; de que primeiro é a palabra e logo, a realidade. E isto é o mesmo que di Manuel María: o idioma é a chave coa que abrimos o mundo. Por iso, por exemplo, en galego temos máis de cen palabras para nomear a chuvia. E podemos perder este espazo, esta paisaxe e esta lingua. Que é como perdernos nós mesmos”
Ler aquí. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|