acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Ese día de maio
Lía estes días na bitácora de Náufrago a súa reflexión sobre o día das Letras. Por casualidade tamén eu falara do tema días antes e, sen pensalo, dei en contrastar esta situación de aparente bonanza coa realidade diaria de moitas poetas.
Non me disgusta que se lle adique o día a unha autora ou autor e, así, ir descubrindo entre todos o que somos, mais sempre pensei que converter o día das letras en festivo era restarlle parte da súa utilidade, de feito ben vimos todo o que nos ofrecían para esta ponte das letras (vaia nome raro para unha ponte): viaxes aquí e alá, todo menos unha receita milagreira para converternos a todos en galego-falantes de vez. Por iso só acredito nun 17 de maio reivindicativo, un día máis para erguer a voz reclamando o que é noso: o idioma.
Ao final, mesmo semella que todo se reduce a maio, e, por mor de ser neste mes o día das letras, parece que é a única data útil para realizar actividades culturais ou para falar da lingua.

Pois non, non pode ser así.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-05-2007 18:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 É obvio que somos moitas as voces que clamamos por darlle unha volta a ese día. A#blgtk08# ver se o goberno e, sobre todo, a Real Academia, está por participar no cambio.
Comentario por náufrago (21-05-2007 18:55)
2 Mesmo mo estabades a quitar da boca....Día institucional no que, o mellor de todo, é que nalgúns colexos aínda hai mestres/as que o longo desa semana c#blgtk08#ando veñen escritores/ as de visita os centros, dinlle aos nen@s: - " Niñ@s, hoy hay que hablar en gallego que es el DÍA DE LAS LETRAS GALLEGAS"...
Comentario por osondaxordeira (22-05-2007 21:11)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática