acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Xela Arias 2021
Este ano dedicaranse as letras galegas a Xela Arias.

Recupero hoxe, este artigo que se publicou en A Nosa Terra, tras o seu pasamento:

XELA ARIAS

Coñecín a Xela Arias hai moitos anos, cando eu soñaba con publicar un libro e vía nela a autora que conseguira os meus anceios, pois xa publicara Denuncia do Equilibrio. Foi por iso, quizais, que me produciu un certo orgullo comprobar que estaba entre o público naquel acto poético case adolescente co que quixemos alzar a voz no medio da movida viguesa.
Dixen coñecín e tal vez non sexa esa a palabra exacta, porque o certo é que non tiven contacto con ela até hai practicamente un ano. Foi neste ano salvaxe de denuncia e dignidade no que fun coincidindo e coñecendo a quen me pareceu unha persoa tímida e afábel, unha muller chea de vida que atendía á súa realidade e se comprometía co momento.
Falabamos da presentación de Intempériome que se tiña que producir neste outono. Unha presentación para compartir coa música e a imaxe, na complementación necesaria dos sentidos, pero tamén para vencer o pudor e a timidez do texto espido.
Xela procurou a esencialidade do verso e puxo a lingua ao seu servizo. Como ela dixo, a escrita é indagación e tamén unha forma de cuestionar o mundo, unha escrita compracente e laudatoria non ten sentido, si a esculca e o coñecemento, a necesidade de enfrontarmonos unha e outra vez coa nosa realidade. E para isto Xela precisaba desartellar a linguaxe, descompola e recompola nun esforzo de indagación e tensión poética. A vida foi o acio que o almabique destilou para deixarnos os versos, tan só o pretexto para chegar á esencia.
Escribiu co corazón e coa man tendida todas as palabras que lle ditou o momento en que vivía, só faltou o futuro, porque o futuro é o único que non podemos escribir, por iso quedan citas pendentes, conversas sen falar, e unha sensación de impotencia inmensa ante a hora que vai vir.
Neste día de defuntos só sei falar desta amizade, ou dos versos en que ela mesma fala de cadáveres amigos e coñecidos, porque nada nos defende desta intemperie de sabela tan viva e con tanto futuro, nada, nin sequera a certidume de que é a morte a que sempre nos acompaña.



Marta Dacosta
Publicado en A Nosa Terra, N.º 1.103, Do 6 ao 12 de novembro de 2003, Ano XXVI.
Comentarios (0) - Categoría: A muller que le - Publicado o 02-01-2021 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0