acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Acuática
Cando era pequena, adoitaba pórme á xanela da cociña subida enriba dun tallo. Pasaba horas e horas cantando, cantando naquela ventá que daba ao camiño. Hoxe, abro esta xanela para deixar nela as palabras que me van ocupando. Saúdovos e agardo que, de cando en vez, poida vervos pasar por este camiño. Para comezar vou pór na ventá estes versos que escribín en outono.




Medran as membranas interdixitais
das miñas mans palmípedas,
as miñas pernas únense,
seguindo o movemento que o corpo gardou
na memoria do caos.
Non fondo da gorxa
o osíxeno aboia na boca fechada,
pequenas burbullas de osíxeno
que aínda alimentan os cabelos de argazo,
himantalias finísimas coma serpes
na beleza de Medusa.
O meu corpo desprázase horizontalmente,
coa ondulación herdada na orixe do mar,
por entre este outono líquido,
observando o regreso do caos,
a verticalidade da auga sobre a noite
para desfacer todo o que construímos,
para desfacernos, destrúeme
destrúome
destrúote.
Alóiome
acuática alma.
Son altura e refuxio, son alento ancestral
para a atmosfera líquida
que hoxe nos envolve.
Precipítome ao val,
lanzo este corpo de chuvia sobre o río furioso
para anegar muíños e pontes,
recuperar a terra nunca construída,
para desfacernos, destrúeme
destrúome
destrúote.
Alóiome
acuática alma.
Corpo de río para buscar o mar,
alma de chuvia para medrar con forza,
con rabia ancestral e azul
deste mundo que xira e xira e xira
translacióninfinitamenteeterna
translación infinita da auga.

Médranme as membranas interdixitais,
desaparece a cadeira dolorida
e a columna alóngase e lembra
o movemento orixinal do mundo.
Cabelo himantalia elongata ou correa
porque a chuvia é río, é mar,
é sal, é vida
azul en movemento.
Vida que me destrúe e destrúe
destrúeme
destrúome
destrúote.
Alóiome
acuática alma.
Vida que nos dá vida, que atrapa a vida
para a nosa alma de mar e area,
musgo e pedra, terra e fento,
cágado e ova,
lama e seixo
destrúeme
destrúome
destrúote.
Alóiome
acuática alma.
Comentarios (8) - Categoría: Acuática alma - Publicado o 19-05-2007 19:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 Semella que inauguro esta xanela. Benvida á blogosfera. Boa navegación. Asomarei#blgtk08#me por ela todos os días. Beixos cibernéticos mentres non chos poida dar reais.
Comentario por náufrago (20-05-2007 21:29)
2 Grazas Náufrago. Mantemos o contacto, porque a túa#blgtk08# bitácora está entre as miñas preferidas. Saúdos.
Comentario por Acuática (20-05-2007 21:48)
3 grazas polos versos, marta. a chuvia certamente é sal e nosoutra#blgtk08#s vimos da auga mesmo se agora non lembramos como respirar nela.
Comentario por marilar (20-05-2007 22:17)
4 Benvida nereida incesante ao océa#blgtk08#no intanxible das ideas mariñas.
Comentario por Hermaco (21-05-2007 00:18)
5 benvida, marta. precioso mo#blgtk08#do de presentarte por aquí.
Comentario por edu (21-05-2007 11:08)
6 Marta será un pracer poder lerte máis a miudo. Eu comecei hai #blgtk08#xa anos por Setembro e agora encantarame abrir esta xaneliña.
Comentario por osondaxordeira (21-05-2007 18:12)
7 Benvida, poeta. Se a singradura é propicia, achegareime por esta "palaxa"#blgtk08# de nome tan mareiro coma lírico. Un saúdo fisterrán de luces e salitre.
Comentario por Modesto (22-05-2007 17:34)
8 Unha aperta a todos. Moito me gust#blgtk08#a atoparme con vós na miña xanela.
Comentario por acuática (22-05-2007 18:06)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0