acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

A lingua no ensino hoxe. Unha proposta urxente
“A solución potencial do problema (o uso público do galego) é cada vez máis patente, pero todo vai depender da marcha da vida política canto á participación das forzas de resisténcia.” F. Rodríguez (1991): Conflito Lingüístico e ideoloxia na Galiza, Santiago de Compostela: Ed. Laiovento, páx. 75.

“A lingua é o principal elemento diferencial a erradicar na cultura dun pobo por parte de quen está a practicar o monolingüísmo histérico dunha violencia que xa vén sendo histórica no estado español. Actuar contra a lingua é actuar de raíz contra o pobo.” Parlamento de escritoraes, Pontevedra, 15-16 marzo 2019.

O pasado 27 de abril, celebráronse as XVIII Xornadas de Lingua e Literatura organizadas pola CIG-Ensino e a AS-PG, unha actividade de referencia para o profesorado galego, especialmente para o profesorado de Lingua galega e Literatura. A trascencendencia desta proposta que acumula anos de achegas substanciais ao estudo da nosa lingua e literatura, pode medirse, mesmo, no número de imitacións que desde outras entidades e até a propia Administración se teñen producido.

A organización das Xornadas de Lingua deseña sempre o programa co maior coidado, procurando que sexa un punto de encontro para a difusión das mellores propostas e para o debate. Por iso este ano colocou como unha actividade central a “Estado actual da lingua galega no ensino. Alternativas de futuro” en que participamos Mónica Pazos, Valentín García e eu mesma,

Este artigo recolle a intervención que entón realicei.

Continúa en Terra e tempo.
Comentarios (0) - Categoría: artigos - Publicado o 24-06-2019 10:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática