acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Colaboración con Pendellos de Agolada

Derradeiros estertores

ventás a medio fechar
de follas desgonzadas
táboas rotas contra a porta
fanada, triste
musgo desgreñado que non consegue ocultar
tellas rotas ou ausentes
fachadas con manchas que van devorando
a eternidade da pedra
coma o cancro

móbeis que son restos de fogueiras
que non calmaron o frío
anacos de leito sen descanso
estelas que se cravan
e non fan sangrar as lembranzas

aquel edificio erguido contra o mar
lugar en que xogaron á ilusión de refuxiarse
nunha oración
tan inútil coma os recordatorios que quedaron nas gabetas
deveu ruína
ferida no barrio vello
entre as ruelas en que se teceu a memoria
da fame e dos segredos

eslúese
nesa aparente somnolencia
dos derradeiros estertores

Marta Dacosta Alonso
Poema inédito-xullo de 2018
Comentarios (0) - Categoría: foto-poemas - Publicado o 24-08-2018 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática