acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

I Feria do libro de poesía "Paco Souto"

No ano 2016 Labirinto ou memoria estaba rematado. Busquei editor. E atopei a Paco Souto, á fronte de Caldeirón. Lembro vivamente a noite da entrega do Premio Vitoriano Taibo en Gondomar. Paco acompañaba a Xosé Iglesias. Cando volvían ao coche para emprender camiño deille o libro.
Era novembro. Días despois respostaba.
Logo xurdíu a publicación de Na casa da avoa, e adiamos Labirinto, para que non coincidisen os dous libros no mesmo ano.
O caso é que Paco partiu e xa non puido ver este labirinto que se ancora á súa memoria imprescindíbel.
Por iso tiña que estar na I Feira do Libro de Poesía de Malpica, con Eduardo Estévez, agora mergullado na edición de Caldeirón, con Paco de Tano, termando do proxecto, con Emma Abella, memoria viva de Paco.
Alí, no mercado, rodeada dos seus, cos libros colgando do teito como froitas apetitosas, fixémolo presente, como mellor soubemos.
Comentarios (0) - Categoría: Labirinto ou memoria - Publicado o 03-06-2018 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática