acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Nós tamén navegar, congreso de poesía 2017

O día 6 de outubro tiven o grandísimo pracer de moderar a mesa que abría o Congreso de poesía organizado pola AELG, e que tiña por nome o do propio congreso.

Falamos da nosa achega con voces autorizadísimas: Helena Villar, Yolanda Castaño e Rosa Enríquez.

A mesa e todo o congreso foron recollidos en diversos medios:

"A poesía galega de hoxe é como é porque as autoras anovaron os temas, introduciron novos materiais e desmontaron a ideoloxía patriarcal", acordaron as relatoras encargadas de abrir o encontro a sexta feira, coordinadas pola poeta Marta Dacosta (Vigo, 1966)." Escribe Daniel Salgado en Sermos Galiza.

“A poesía galega de hoxe é como é porque as mulleres tomaron o temón”. Con palabras coma estas comezou Marta Dacosta a primeira das mesas celebradas no congreso Nós tamén navegar. 40 anos de poesía galega, organizado pola AELG...
Marta Dacosta remarcou, pola súa banda, que a “celebración” das poetas dos 90 á que Mario Regueira aludía “tivo un pouco de prexuízo”, levando a encastelamentos como o da etiqueta “poesía de muller”. Antes dos 90 estiveran outras, -sinalou-, coma Helena Villar ou Pilar Pallarés, mais nos 90 é a primeira vez que se recoñece a “moitas mulleres” que están a facer unha poesía de calidade. Comentou, tamén, que se cadra certas etiquetas coma “socialrealista” foran importadas da crítica española. Yolanda Castaño matizou tamén que a “celebración” das poetas dos 90 foi relativa, xa que as recensións de autoras seguían a ser minoría, a maioría das mesmas eran negativas, e moitas respondían a criterios "extraliterarios", coma xa na presentación da mesa advertira Marta Dacosta." Palabras de Montse Dopico en Praza.

Arriba unha imaxe das catro feita por Alberto Pombo.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-10-2017 10:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática