acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Querido Paco

rotas as palabras
orfas elas tamén, incapaces de explicar este nó que nos afoga o estómago, mentres nos negamos á despedida
non queremos despedir o amigo. Por iso enxertamos o seu sorriso no noso corazón e regamos cos seus versos o desexo de que prenda en nós ese seu ánimo imprescindíbel
imprescindíbel
IMPRESCINDÍBEL talvez sexa a palabra que o defina. A palabra que dea a medida do amigo, o poeta, o axitador, o editor, o político, o percebeiro
o amante da nosa lingua e deste país en que deixa a semente do seu exemplo e a transformación do tempo que lle tocou vivir
hoxe é difícil converter en palabras esta dor que sentimos
esta inxustiza desapiadada que nos paralizou e só nos deixa lembrar o acougo da súa face

non sei dicir máis
hoxe non me valen as palabras

así que lle dou voz ao amigo, ao poeta
e deixo que falen os seus versos

A Emma, por suposto, e a Alva e a Lino

Mar-e-nostrum
que estás nos céus
santificado
Sexa o teu nome un acaso de lua
e no abandono das fervenzas
renasza
a esperanza dos nosos mortos (…)
Faga-se a tua vontade (…)
sexamos peixes pois
asi na terra como no céu
O pan noso
de cada dia água
de cada rosto ollo
de cada corpo
de cada espalda mar
Non deixes
Cair na tentación (…)
Fai de lume as nosas bránqueas

Amar non ten laranxas 1994, Cadernos da Escola Dramática Galega

31 de marzo de 2017. Despedida de Paco Souto en Malpica, a poucos metros do mar que tanto amou.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-04-2017 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática