acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Fixando a emoción. Simposio Manuel María 2016
Este martes 22 de novembro comeza o Simposio Manuel María que organiza a Academia Galega. O simposio, que dura tres días, ábrese cunha conferencia e unha mesa redonda sobre a súa poesía. Nesa mesa redonda Rosalía Fdez rial, Manuel López Foxo e máis eu, moderados por Mercedes Queixas, tentaremos facer unha descrición o máis completa posíbel do que significa Manuel María na poesía galega contemporánea.

Pola miña parte falarei de cales son as cuestión esenciais no proceso de creación literaria para Manuel María. Para iso boto man dun dos poemas publicados na Autopoética de 1993 e titulo a miña intervención cun dos versos: fixando a emoción, porque considero que Manuel María se centra no seu proceso creativo en fixar a emoción da realidade vivida para lla transmitir ás xeracións futuras. Para el a poesía é comunicación, unha comunicación que ten por obxecto desvelar a verdade e crear a realidade. Por iso, Manuel María vai ter como tema central da súa obra a propia Galiza. A terra, a natureza, o pobo e a súa lingua son realizacións dese tema constantes na súa obra, máis alá de asignacións a correntes literarias e dando lugar a un corpus literario que segue a cumprir hoxe a función comunicativa que o seu autor quixo imprimirlle no momento da súa escrita.

E estes algúns dos versos en que me apoiarei:


“Tantos e tantísimos anos intentando
erguer un edificio confortábel
de música e palabras

fixando a emoción que nos conmove
en canciós vagorosas pra que o vento
llas poida transmitir a aqueles que
nos veñan suceder na nosa tribu.”

“A palabra nomea e crea as cousas,
pon orde no mundo
e harmoniza a toda a creación.”
Comentarios (0) - Categoría: Ao redor de Manuel María - Publicado o 22-11-2016 10:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática