acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Paseo polo Vigo literario

Este 17 de outubro, o mesmo día que en 1702 as tropas se concentraban en Vigo para defender a cidade do ataque inglés e holandés, que logo se produciría e lembramos como Batalla de Rande, correspondeume guiar o primeiro Paseo polo Vigo literario deste outono.

Comezamos no Paseo de Alfonso XII, tan ligado á miña memoria familiar, pois era o lugar en que atopaba a miña bisavoa Saladina ou o meu avó Suso, que coma outros mariñeiros retirados facía do paseo a súa atalaia para observar o mar, un mar que xa non era o que divisaba Manuel Antonio desde o número 15 en que residiu entre 1919 e 1923. No inicio formulámonos a pregunta de se o mundo das traballadoras e os traballadores do mar ten a presenza debida na nosa literatura. Talvez a resposta sexa que non é así. Manuel María, por exemplo, dicía que aínda faltaba o gran poeta do mar, o poeta que cantase os traballos das súas xentes. Con esa pregunta comezamos andar.

Demoramos case dúas horas en chegar á Estación á Estación marítica, onde lembramos poemas sobre a emigración -a que talvez podería ser a gran épica por explorar segundo Freixanes- ou sobre a represión nesa illa que foi lazareto e alxube, ´, San Simón. Entremedias percorrimos os Peiraos e chegamos até o porto pesqueiro ou paramos ante a imprenta de Juan Compañel. Durante o percorrido lin varios poemas propios, principalmente de Cinsa, mais tamén de Bernardino Graña, Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Rosalía ou Curros. Así que finalmente non demos chegado á pedra colocada en memoria de Kruckenberg, que era a intención inicial como sinala esta crónica do diario Atlántico.

Un pracer volver ás rúas doutro tempo, lendo nelas os poemas que escribín mentres as imaxinaba. Houbo un momento, na Praza do Peñasco que a piques estiven de me emocionar, foi antes de recitar Hoxe estou en silencio...

Foto de Marcos López, alumno dlagún obradoiro, que onte asistía a este paseo.
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros literarios - Publicado o 18-10-2015 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática