acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Dous libros de relatos para o verán
Dos últimos libros publicados, chamaron a miña atención dúas coleccións de relatos que veño de ler nestes primeiros días de verán.

Creo que foi na Feira do libro de Vigo, cando alguén comentou que volvía o relato, como se no ámbito narrativo fose a novela a que ocupase o escaparate espazo- temporal do edificio literario. E creo que si, que un pouco si.

Estes libros son dous títulos absolutamente recomendábeis. Imprescindíbeis, diría eu, e cito por orde de publicación:

Funambulistas de Mercedes Leobalde
Un animal chamado Néboa de Ledicia Costas

Dúas mulleres dando pasos firmes no mundo da narrativa.

Moi diferentes entre si, en canto á temática, localización e extensión do relato, mais igualmente gratificantes. Ambos os dous están escritos cunha lingua poderosa, poética por veces, cun estilo adecuado ao texto que se constrúe. Até ler outra vez unha frase ou un prarágrafo só pola súa beleza, sen importar o seu contido.

Un animal chamado néboa feriume, tiven que pechar o libro máis dunha vez por mor da dureza dalgún dos relatos. Son historias que sabemos ou intuímos, mais que non cansamos de rememorar, porque sabemos que lembrar é terapéutico, necesario. O meu preferido é “Leningrado”, especialmente o segundo episodio.

Funambulistas tamén peta no corazón, fainos rir ou acóuganos a través da vinganza que ás veces nos medra no estómago. Gostei especialmente dos relatos relacionados entre si, eses que dan tanto a entender, mais que non revelan completamente o que sucedeu, e entre eles o terceiro, xa contra o final do libro, esperanzador.

Comentarios (0) - Categoría: A muller que le - Publicado o 24-07-2015 09:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática