acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Recensión de Dun lago escuro no Diario de Pontevedra e en El Progreso
Ramón Rozas publica no Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión de Dun lago escuro:

"Marta Dacosta propón nesta travesía polo seu derradeiro poemario, «Dun lago escuro», percorrer ese itinerario carontino para situarnos ante nós mesmos á procura dunha resposta fronte á podremia que, esta sociedade na que nos tocou vivir, nos asulaga ata a asfixia... É a travesía a nado dun lago como metáfora da viaxe da vida na que adoitamos mirar cara o ceo mentres baixo nós amontóanse os cadáveres. Cómo nos gusta meter baixo a alfombra todo o que é suxo? Aquilo que nos fai darnos conta do que en realidade somos."

"Alucinacións, efectos surreais, xeroglíficos… estrañas percepcións para rachar o equilibrio, converténdose ao fin na incómoda peaxe da nosa travesía."

"... un poemario imprescindible hoxe para entender moito do que nos mergulla na desesperación. Palabras para rastrexar a incerteza. Palabras para respirar."

A recensión completa está en:
- Xerais
Comentarios (0) - Categoría: Dun lago escuro - Publicado o 17-04-2015 09:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática