acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Parvoíce
Ando estes días ensarillada nunha tradución dun texto ben engaiolante. A cousa é que tiven que traducir a expresión: “se te quita la tontería”.

Comecei comprobando no dicionario, pensando se existiría un termo abstracto derivado de parvo, mais non, non o atopei de primeiras. Atopaba: idiotez, imbecilidade, necidade… mais eran todos termos moi cultos, inapropiados para traducir a ironía que a expresión ten no contexto. A cousa é que eu teño unha expresión para dicir isto que é: “quítaseche a parvuíce” e así o traducín, pois para alén de ter o mesmo significado, mantén o matiz irónico que o diálogo precisa.

Nin parvuíce, nin parvoíce aparecen nos dicionarios galegos. Si no portugués, significando precisamente “estado ou qualidade de parvo”. Como sinónimos o Dicionário da Porto Editora recolle parvoidade, parvoeira e parvidade. Pois ben, de todas estas variantes só parvidade aparece no dicionario galego, co significado de “calidade de parvo”.

Mais eu non podo traducir a frase á que nos referimos con parvidade, para min non é o mesmo, non soa igual:

Póñote a sachar e sácaseche a parvidade

Póñote a sachar e sácaseche a parvoíce

Por suposto que a segunda está plena de significado, mais… é un dialectalismo, un dialectalismo do Sur do país, de Vigo e a súa contorna. Un lugar en que as raias non existen e o léxico é un camiño continuo que salta o Miño sen dificultade. Un lugar en que lle chamamos feixóns ás fabas ou ervilles aos chícharos, e temos remedios contra a parvoíce.

Comentarios (2) - Categoría: Cousas da lingua - Publicado o 12-03-2015 15:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Eu diría e digo: tí#blgtk08#roche a parvoeira.
Comentario por paideleo (12-03-2015 23:27)
2 Ben, imos facendo o mapa logo.
Na túa frase hai outro matiz, que é a implicación do suxeito.
E aínda pod#blgtk08#emos facer outro comentario a propósito da utilización do verbo tirar, que na nosa zona non adoitamos utilizar tanto.
Comentario por Acuática (13-03-2015 07:54)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática