acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Metamorphoses



Este outono publicouse o volume 22 da revista Metamorphoses, The journal of the five college faculty seminar on literary translation. Trátase dun número especial de poesía galega contemporánea, da responsabilidade de Marta Dahlgren.

A revista publicase en Massachusetts.

Este número especial é unha escolma de 27 poetas galeg@s traducidos ao inglés por 6 tradutor@s e unha introdución de Marta Dhalgren. As e os autores seleccionados van de Álvaro Cunqueiro a Xiana Arias. A revista vén acompañada dun CD en que Francisco Alonso e María Lado recitan todos os poemas recollidos.

Nesas páxinas recóllese a versión ao inglés de dos meus poemas: "Houbo un medo de azul" ("A blue dread") de Pel de Ameixa e "Como Ofelia..." ("Like Ophelia2) de As amantes de Hamlet, dous textos seleccionados pola revista e traducidos por Carys Evans-Corrales, profesora de español na Universidade de Pittsburg-Bradford.
Comentarios (0) - Categoría: textos editados - Publicado o 05-11-2014 17:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática