acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Memorias de cine
Estes días lin "Eu son Espartaco", as memorias de Kirk Douglas sobre a rodaxe da película e o momento histórico en que se filmou. Achegueime a esta obra curiosa por saber un pouco máis daqueles anos de listas negras en Hollywood e atraída por un filme que está na miña memoria.

O libro fálanos da época, da rodaxe e, a parte dalgunha cita a ter en conta sobre a escrita de memorias, ten de interese algunha páxina coma est, en que se fala da España en que se rodou Espartaco. Un verdadeiro esperpento, cun ditador que pediu diñeiro para a fundación da súa señora a cambio de que Kubrick utilizase como actores os soldados do exército español que, por orde de Franco, non podían morrer en pantalla: "orgullo español" di Douglas.

O libro recibiu críticas de Kubrick, entre outros, o que, despois de ler o libro parece natural, pois a relación entre o actor e o director non é precisamente memorábel.

Unha das curiosidades é que Douglas, con máis de 90 anos, crea un libro no que comeza dicindo que o seu país segue hoxe dividido como entón.

Documento, ao fin, dunha época da que nos quedan as imaxes dunha película que Douglas identifica co remate das listas negras de Hollywood e que se rematou de filmar coincidindo coas eleccións en que Kennedy accedeu á presidencia de EUA.

O título, aquela frase memorábel: "Eu son Espartaco", que ten unha simpática anécdota sobre a súa gravación.
Comentarios (0) - Categoría: libros - Publicado o 10-10-2014 08:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática