acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Filtro de amor
O verán pasado, nunha conversa entre Antón Riveiro Coello e Marica Campo, atopei a referencia ao libro Filtro de amor da americana Louise Erdrich. Ao ler o que eles dicían, tomei nota e procurei que o libro chegase ás miña mans.

Así foi como esta primavera andei a ler nel, gozando da construción dun relato que levemente leva até algunha das mellores descricións ou relatos que se poidan ler.

Comecei escribir estas notas nunha sala de agarda, conmovida por un dos capítulos máis impactantes do libro. Aquel en que relata un suicidio, no capítulo titulado “un descapotábel vermello”.

Agora repaso os fragmentos que fun subliñando para non esquecer, como este: “A sociedade? A sociedade é como esta partida, primo. As cartas están dadas antes de nacer, e mentes crecemos temos que xogar tan ben como nos sexa posíbel”.

Ou estoutro: “Nunca respondín cando chamaba á miña porta o censo dos Estados Unidos, aínda que din que é bo para os indios. Pois ben, xa podedes repetir as miñas palabras. Eu digo que cada vez que nos contan saben exactamente de que cantidade de nós teñen que librarse.”

O libro comeza cun mapa xenealóxico que precisei consultar de capítulo en capítulo. Comparei a Louise Erdrich con outros autores que coñezo e pensei que era como unha García Márquez ojibwe a falarnos dunha longa familia chipewa.

Un día destes lerei A casa redonda, da mesma autora, que está a agardar por min no andel.
Comentarios (0) - Categoría: libros - Publicado o 21-07-2014 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática