acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

o equilibrio do que se precipita

Xa sabes onde estou
nese espacio inexacto en que o espello é un delirio
e a xeometría ordena o lugar dos obxectos.
Sempre me poño aquí
termando do equilibrio do que se precipita.
Nesta hora en que a luz esqueceu a distancia
é posible que volva á pausa que non teño
e esqueza cada lei física omnipresente.
E posible, xa sei que nunca poño treguas
e levo imperturbable a equipaxe da mente,
por iso sempre volvo á terca xeometría,
ao equilibrio que loita coas leis que nos dominan.


En atalaia alerta
Comentarios (0) - Categoría: textos editados - Publicado o 01-10-2013 21:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática