acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Historia de una anatomía de Francisca Aguirre
fotografía de Escritores.orgLendo As Crebas de Miro Villar reparei nas citas que realizaba da poeta Francisca Aguirre, nomeadamente do seu libro Itaca e anotei ese título entre os libros que un día tería que ler.

En abril, de viaxe por Araba, fixemos unha excursión a Logroño e alí, nunha librería próxima ao mercado, dei cun libro de Francisca Aguirre. Era, é, Historia de una anatomía, Premio Internacional de Poesía Miguel Hernández-Comunidad Valenciana do ano 2010, publicado por poesía Hiperión.

Francisca Aguirre naceu en Alicante en 1930 e recibiu varios premios pola súa obra poética, en 2011 o Premio Nacional de Poesía.

Estes días comecei ler Hisorira de una anatomía. Aínda teño pendente Itaca, que Miro Villar me segue recomendando, mais xa neste libro atopo a razón para ler que un día lle escoitaba a Xabier DoCampo: gústannos os libros cos que nos identificamos, nos que nos atopamos. E certamente que así me sucedeu con algún dos poemas de Historia dunha anatomía, especialmente neste titulado “Os ombros”:

Cando na ducha paso a esponxa polos ombros
de vez en cando lémbrome de Atlas:
vaia traballo o seu cargando co mundo.
Esta historia como todos sabemos vén da Mitoloxía
mais sempre pensei que a Mitoloxía
vén da vida. Vén
dese vello costume que ten o home
e a muller
de cargar sobre si case calquera tipo de peso:
o da culpa, o da responsabilidade, o da dor
e até pode que o peso abafante da felicidade.
Porque do que non cabe dúbida
é de que nesta vida todo pesa.
Tal vez por iso o noso esqueleto ten ombros.

Polo que podemos ler en www.alicantevivo.org nesta obra tamén está presente o seu pai represaliado polo franquismo, o pintor Lorenzo Aguirre, a quen lle dedicou o libro Los 300 escalones.
Comentarios (0) - Categoría: A muller que le - Publicado o 25-12-2012 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática