acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Morgana
Comecei ler Morgana en Esmelle de Begoña Caamaño. Aínda non cheguei á páxina 40 e xa teño a impresión de estar a camiñar pola outra beira. Merlín xa non ten a faciana amábel que ficou na memoria despois de lecturas e filmes. Disposto a mentiras e enganos para obter o seu propósito, non dubida en estragar a vida dunha nena, Morgana.

A contracapa do libro anuncia que a autora reescribe o mito. Unha vez máis. As mulleres, as escritoras impuxémonos esa tarefa, pois cómpre darlle a volta á realidade aparente, como lla damos á roupa, e coñecerlle o dereito e o revés, para acabar poñendo as cousas no seu sitio.

Presaxio que terei unha feliz lectura.
Comentarios (0) - Categoría: A muller que le - Publicado o 28-09-2012 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática