acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Un libro no andel
Xa o dicía nun artigo recente “Só un amor aínda non recoñecido polos libros pode explicar que unha cativa de oito anos lea na Gramática elemental del gallego común”.

E si, os libros forman parte da miña vida. Libros ao pé da cama, para ler á noite, libros na sala ou no estudo para ler durante o día, se queda un minuto libre. Libros amoreados nos andeis agardando a súa quenda para seren abertos, lidos ou devorados.

Desde hai algúns anos leo cun lapis na man e, desde que este caderno existe, deixo memoria escrita dos libros que máis me impresionaron. Impresións que agora publicarei tamén en Sermos Galiza, eu que tanto gusto de ler opinións sobre libros, que logo anoto no caderno pequeno que levo canda min para que as ideas non se perdan.

Hoxe publícase o texto lido na presentación de Dark Butterfly da miña amiga Rexina Vega.

Virán máis, porque os libros son o que máis me gusta, e falar deles tamén.
Comentarios (0) - Categoría: libros - Publicado o 18-06-2012 16:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática