acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

"Manifesto" de Nicanor Parra
Foto de GoogleA centros de quilómetros unha librería é tamén obxecto de visita. Estudar o escaparate e as súas novidades para logo entrar e ir a modo por cada un dos andeis mirando e tocando, separando e lendo todos e cada un dos libros que nos asaltan desde os lombos e as portadas que os ofrecen coma obxectos preciosos.

Collo na man un libro curiosamente editado, diferente e fermoso, mais a lectura dos seus poemas déixame indiferente, cáeme das mans.

Subimos un piso e outro piso. A poesía está no terceiro andar, xusto ao final, no recanto oposto ao tiro de escaleira. E alí estaban agardando algúns libros que eu quería ler, hai xa tempo.

Saes da librería como se non foses unha viaxeira e abres urxente o libro para comezar ler. Xa non reparas nas rúas nin na arquitectura da capital sen mar e camiñas cara ao Paseo guiada polos versos de Nicanor Parra, pasando voraz as páxinas de Chistes parra desorientar a la policía poesía. Sentada nun banco vello e deforme, ignorando intencionadamente a estatua do militar e político, dedícaste á lectura deste libro que acabas de comprar como se a túa viaxe tivese este único obxectivo. E entón, les este poema:


MANIFESTO

Señoras e señores
Esta é a nosa última palabra.
-A nosa primeira e última palabra-
Os poetas baixaron do Olimpo.

Para os nosos maiores
A poesía foi un obxecto de luxo
Pero para nós
É un artigo de primeira necesidade:
Non podemos vivir sen poesía.

...

Contra a poesía das nubes
Nós opomos
A poesía da terra firme
-Cabeza fría, corazón quente
Somos terrafirmistas decididos-
Contra a poesía de café
A poesía da natureza
Contra a poesía de salón
A poesía da praza pública
A poesía de protesta social.

Os poetas baixaron do Olimpo.

Nicanor Parra, Obra gruesa, 1969
Comentarios (0) - Categoría: libros - Publicado o 13-04-2012 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática