acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

As escollas electivas
O amigo Xosé Manuel Millán nomeoume na súa proposta para As Escollas electivas. Moitas grazas Millán.

Eu pola miña parte cumprín o encargo que isto significa e realicei a miña propia proposta, achegando novos nomes, despois de revisar os xa citados, procurando agrandar o máis posíbel a relación de autoras e autores que formen parte desta páxina.

As escollas electivas é unha iniciativa de Suso Díaz e Maripaz Paz que se puxo en marcha o día en que se cumprían 100 anos do nacemento de Celso Emilio Ferreiro. Segundo eles mesmos sinalan na primeira anotación do caderno:

"(As escollas electivas) nace (...) coa idea de xunguir aos poetas contemporáneos de Galicia.

As escollas electivas é unha inciativa privada, inspirada noutros proxectos similares (que puxo en marcha o arxentino Alejandro Méndez), e que teñen como único fin amosar a poesía dos autores vivos galegos.

A Suso Díaz e Maripaz Paz, como contribuintes a este proxecto, móvenos o interese que temos pola poesía, e cremos que este é un bo medio para defundir a poética que se está a escribir no país, coa idea de que sexa divulgada e coñecidos os seus autores. É a nosa humilde aportación en prol da lingua, que é o horizonte que nos move, e o vieiro que non queremos perder como seña da identidade do noso pobo."

«Mais o lume que alampea / xamais o veredes morto».

Grazas por esta iniciativa.
Comentarios (0) - Categoría: textos editados - Publicado o 06-04-2012 12:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática