acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Recensión de Acuática alma no Faro das letras
Recensión de Armando Requeixo, publicada no Faro das letras do 5 de abril.



Poética aloia.
Alén Atenea.


Novo Violante demanda caracteres mil de Acuática
alma.

Aprendiz de Lope, burla burlando, enfía o texto: verso palmípede, escrita de himantalia elongata, río de verbas que todo o pode, revolta contra a escravitude (xenérica), sacrificio do cisne lacrimóxeno, xeración da escama translúcida, denuncia do terror cristalizado da muller violentada,mar para Antígona desobediente, Ofelia vitimada e vingadora, corazón desértico entre doentes friaxes, tempo espido que o vento leva, tardes na contemplación da soleira, praga das maledicencias e traizóns, procura do equilibrio no mesmo centro da ingravidez, brisa entre a area brillante e cegadora, señardade do fermento das horas luminosas,morotes maduros e cansazo eterno, absurdo da morte inapelable e balsámicas palabras, dor tanxíbel que abrasa, solidariedade palestina, lembranzas dos devanceiros e represaliados, eco de luz e corpo líquido,máis alá de Nausícaa, alén Atenea,de Adartia filla no delirio Aloia.

Contade se van,que a cousa está feita.
Comentarios (0) - Categoría: Acuática alma - Publicado o 06-04-2012 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática