acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

A sombra que nunca se domina
A sombra que nunca se domina

cando esperto á mañá
ou cando agardo ao sono
xa lendo, xa en silencio
no medio do balbordo
o medo impón a sombra
que tan longa se estende
sen que o sol me permita
achar a súa medida
deseñar o artificio
que poida superala

como a vella da praza
cos pratos da balanza
poño e retiro pesas
sen que o fiel se deteña

así que sen sosego
bato na anca erguida
para chegar á luz

só a egua desbocada
que habita no faiado
pode saltar a sombra
que nunca se domina


Este poema inédito foi un dos tres que enviei a Miguel Losada para seren incluídos no 2º número da revista Áurea do Ateneo de Madrid, que se presentou o pasado 19 de decembro.

Actualización en 2012:

Finalmente estaba errada, non foi este un dos poemas publicados na revista Áurea.
Comentarios (1) - Categoría: foto-poemas - Publicado o 12-01-2012 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Eu tamén quero unha égua desas para saltar as #blgtk08#sombras, o meu poldro coxo ás veces cae nelas.
Comentario por Hermaco (13-01-2012 10:46)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática