acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Recensión espontánea de Acuática alma
Imaxe de Google mapsEsta mañá entrei nun local, Cristina estaba traballando, mais aproveitou para dicirme que lle gustaba o libro (Acuática alma). Eu non lle preguntara nada. Só cando me dixo que lle gustaba pregunteille se xa o lera e díxome que non, que o estaba gozando aos poucos. Eu engadín, para iso foi escrito.

Si, para iso foi escrito, para ser lido e gozado, se for posíbel, polas lectoras e os lectores.

Naturalmente quedei moi satisfeita, tanto como se estivese a ler unha boa recensión literaria que destacase os logros rítmicos, léxicos, temáticos, o que se entender oportuno, da obra. Por iso queda aquí, como anotación que dea conta dunha recensión crítica da obra.

Porque é especialmente satisfactorio que alguén que non é profe ou que non ten un traballo vinculado ao ámbito cultural… en fin, unha cidadá, diga que está a gustar do teu libro, ou sexa que diga, por tanto, que está a gustar da poesía.
Comentarios (0) - Categoría: Acuática alma - Publicado o 05-01-2012 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática