acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Adeus 2011
foto de TokioQue o novo ano nos traia máis saúde para a nosa lingua e o noso pobo.

A dúas andoriñas pousadas no tendido eléctrico sobre a desembocadura do Tamuxe un día de marzo.


Pousáronse esgotadas
confiadas na anunciada primavera
e alí
sobre o tendido eléctrico souberon
de canto frío cabe no tránsito do inverno
en cada fibra de herba incapaz de medrar
na anguria das ribeiras afogadas
pola ira dos ríos que inzan na noite

a terra está enchoupada
as árbores enmudeceron
na súa nudez desoladora
os limpafontes dormen
aínda sepultados
a luz quedou parada
por unha primavera que non chega

dúas andoriñas chegaron esgotadas
e recíbeas un tenso sentimento de derrota
a furia das voces que claman desde a terra

entre Miño e Tamuxe escoitan
unha onda pretérita que nace
alimentada polos ósos dos que non claudicaron
e entregaron a alma nas loitas necesarias

unha ladaíña viaxa sobre a escuma
entre as areas arrastradas e as moléculas de auga
cada vez máis veloces contra a terra:

salgada semente en que naceu o pobo
esparexida no suco espiral da nosa historia
hoxe volvemos por ti coa razón de sabermos
que grazas a ti somos, que sen ti nin a memoria
poderá salvar todo o amor que nomeaches
e nada seremos xa na aira planetaria

lingua nosa



Déixovos este poema de Acuática alma para despedir o 2011, o ano da súa publicación.
Comentarios (0) - Categoría: Acuática alma - Publicado o 31-12-2011 18:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática