acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

URBANO
Imaxe do libro Urbano de Nave das IdeasURBANO é o título do libro dixital editado hoxe mesmo con motivo da celebración do día de Lugrís.

O colectivo Nave das Ideas realizou esta publicación e pediume un poema para ilustrar o cadro botella e barco. Velaquí o tedes.

O libro podedes lelo e descargalo aquí.

Un barco nunha botella

vela inchada
a todo vapor o barco navega
persegue o seu horizonte
cre
no mar aberto, profundo
mar de ondas contra a costa
libre

a todo vapor
de vela inchada o barco navega
non ve
o vidro que rodea o seu mundo de mentira
que nada hai baixo a superficie das augas
que non hai peiraos en que atracar
nin cantís, nin ondada
nin illas para soñar

navega o barco
navega
sobre as escumas do engano
e ti que o ves
só reparas
na fermosura do barco
no interior da botella
ese mundo fráxil
falso

e ti que o ves
só sinalas
a habelencia da man
que tan ben soubo
pechalo


decembro 2011.
Comentarios (0) - Categoría: textos editados - Publicado o 17-12-2011 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática