acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

O polo con ameixas de Marjane Satrapi
Esta semana tocou lectura con imaxes. Botei man dos libros que trouxen de Viñetas desde o Atlántico e as ideas comezaron bulir na miña cabeza... de momento quedan aí, fermentando.

O último que rematei de ler atopeino en Vigo o outro día, é “Polo con ameixas” de Marjane Satrapi. Esta obra recibiu o premio ao mellor álbum no Salón de Angouleme en 2005 e parece que tamén vai dar lugar a unha película, como xa sucedera con Persépole, que agora podemos ler en galego.

En canto ao seu contido, esta obra é radicalmente diferente das anteriores. Satrapi relátanos a vida do músico Nasser Ali Khan nos días que van desde que o protagonista toma a decisión de morrer até que morre e retrátanos así o seu carácter, deixando ante nós os motivos reais do seu abandono da vida.

O libro leva por título o nome do prato favorito do protagonista que será quen de rexeitalo malia non ter comido nada en días, porque ten decidido morrer.

Graficamente destacaría o procedemento para ilustrar as lembranzas. Nesta historia en branco e negro, Satrapi deseña as viñetas en que as personaxes lembran o pasado en fondo negro, algo que debeu ser evidentemente difícil de realizar.

Particularmente interesoume a personaxe da súa muller, tan ríxida e malencarada como parece ao principio, mais que ao final vexo como unha muller que se entregou ao amor dun home que se deixou levar pola vida, e agora está profundamente doída, sendo esta dor a orixe do conflito.
Comentarios (0) - Categoría: A muller que le - Publicado o 05-11-2011 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática