acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Festas, as nosas!
Hai uns meses pedíronme un texto para o libro da Comisión de Festas, e aceptei. É un libriño destes que en realidade están cheo de anuncios publicitarios, 93 das 103 páxinas, e que é unha xustificación para que todas esas empresas poñan cartos.

Custoume un pouco escribir un texto para tal ocasión, se cadra porque tampouco é o primeiro e xa esgotara outro tema antes. Mais saiu.

Agardo que os veciños e veciñas que reciban o libro, que serán practicamente todos, atopen o texto e gocen da súa lectura. Digo atopen, porque está perdido na selva publicitaria, afastado dos saúdas que todo o mundo verá e lerá. Por un lado está ben non ir atrás do saúda do párroco e dos políticos de turno en Gondomar, mais polo outro o texto queda perdido e corre o perigo de non ser descuberto. Cousas da xente que escribe que se empeña en que a lean.

Eu pola miña parte, procurei que o texto levase entre as súas liñas, algunha que outra mensaxe necesaria entre tanto foguete e rosquilla.
Comentarios (0) - Categoría: textos editados - Publicado o 04-09-2011 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática