acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

canteiros e arquitectos
Peza de Aurelio DacostaEste día 17 asistín á xeira que sobre Antonio Palacios organizou o IEM en Nigrán. Fomos convocados en Panxón, onde visitamos o templo votivo do mar e escoitamos una interesante charla de Xosé Ramón Iglesias que nos ilustrou, non só sobre a obra de Palacios, senón tamén sobre a arquitectura da súa época, principios do século XX. Entón, arquitectos como Palacios e Gómez Román realizaban unha arquitectura marcadamente galega dando protagonismo aos materiais do país e á arte que definiu as nosas paisaxes humanas: o románico e o barroco galego.

Os deseños e as ideas destes arquitectos fixéronos realidade os canteiros galegos cos seus ciceles e marretas… Na charla descubrín que, case con total seguridade, o meu avó, o canteiro Aurelio Dacosta Alonso, máis coñecido como o Pisco, de Matamá, traballou para e con Gómez Román, concretamente na construción dalgunha das casas da zona de Peniche, en Vigo.

O meu avó morreu de silicose, como tantos canteiros, como o escultor Francisco Asorey. Di o seu fillo que facía as súas obras seguindo un plano mental. Das dúas pezas que conservamos del na casa, eu herdei esta escultura, que por ser unha muller atada a un poste sempre identifiquei con Xoana de Arco… Non sei que representa, ninguén o sabe, nin para que foi feita, mais é parte do legado familiar dun home que coas súas mans edificou unha cidade da que quedan poucas testemuñas do que un día foi.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-08-2011 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 O de canteiro é un traballo duro e pouco recoñecido#blgtk08# pero aí queda a súa obra polos séculos e séculos.
Comentario por paideleo (22-08-2011 00:51)
2 Efectivamente, mais cçompre recuperarmos a memoria de cales fo#blgtk08#ron eses traballos, sabermos os nomes deses artesáns únicos.
Comentario por (22-08-2011 13:28)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática