acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Día do Medio Ambiente
manifestación do cinco de xuño en Muros
Dóeme a terra
porque a levo dentro.
No óco dos osos teño terra negra
e landras de carballo.
Dóeme a terra da alma,
as vísceras, os cogomelos dos ollos
nos outonos perennes,
cando son lebre amedrentada.
A terra da carne dóeme
e as árbores que levo nas entrañas.

Lembro este poema de Pel de ameixa para este día: 5 de xuño día do Medio Ambiente.

Esta mañá percorremos a distancia que separa o centro de Muros do muíño da Acea, porque conservar as nosas rías é unha garantía de futuro.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-06-2011 21:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Fermosísimo poema, Marta. Parabéns.
A min t#blgtk08#amén me doe a terra, e non sabería dicilo mellor.
Comentario por Eva G.Rei (07-06-2011 14:13)
2 Moitas grazas Eva, mensaxes como esta e#blgtk08#nchen de significado o acto da escrita.
Comentario por Acuática (08-06-2011 15:10)
3 Lo que me sorprende es que no vaya mas gente de la que va#blgtk08# ya, porque esto es un problema que nos incumbe a todos!
Comentario por Descargar (20-06-2011 12:08)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática