acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Libro homenaxe a Lois Pereiro
A AELG publicou un libro homenaxe a Lois Pereiro: Vivir un soño repetido. Un libro dixital para ser descargado.

Con este motivo escribín, tomando como punto de partida os poemas "Curiosidade" e "If I die before I Wake.." de Poesía última de Amor e Enfermidade, este que titulei "Resurrección", que involuntariamente sufriu algún cambio ao pasar ao libro dixital. Así sería como debería estar editado:

Resurrección

houbo resurrección
se a porta ficou pechada
por máis que un pé e outro pé
tentaron poñerse entre ela e o destino?

houbo pés, mans, corpos
dispostos
desexosos

doéndose do abismo

do baldeiro que se iniciaba
sen fin

dispostos a atravesar a porta
desexosos de camiñar á par
de quen substituiu o desexo polo exilio

non houbo resurrección?
chamádelle memoria
unha amizade persistente que incansábel
petaba na porta de nós todos
Comentarios (1) - Categoría: textos editados - Publicado o 27-05-2011 17:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Lei este libro hace tiempo y creo que es uno de los mejores homenajes #blgtk08#que le podian dar! A ver si algun dia le dan otro porque se lo merece.
Comentario por Descargar (20-06-2011 12:15)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática