acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

vento
Imaxe da wikipedia
o vento aínda pode
deseñar de novo
as dunas milenarias

nada é permanente
a inmutabilidade é un invento
da indiferencia

quietude
que fai do noso sangue area
e deixa que a chuvia entale
o estreito paso do reloxo

garabullo a garabullo
alimentemos a fogueira
para que o vento alente
para que o vento prenda
e levante cada gran de area necesario
para o mañá que asexa


Este poema inspírase noutro escrito un día de sol no inmenso areal de Laxe, no reverso da factura da compra (non tiña outro papel e oeste era suficientemente longo). Era o doce de outubro de 2001. Os poemas non se parecen en nada, aínda que nacen da mesma preocupación.
Comentarios (2) - Categoría: foto-poemas - Publicado o 20-05-2011 18:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Para cando un novo poe#blgtk08#mario?
Saúdos!
Comentario por escornabois (25-05-2011 13:53)
2 Boa pregunta!

Hai un libro entregado desde setembro. Outro que busca oco nun certame literario.
E antes deles un terceiro libro, mello#blgtk08#r sería dicir primeiro, que chegou a ser proba de imprenta e aí quedou, por iso está nesta xanela, baixo a categoría que leva o seu título por nome: Cinza.
Comentario por Acuática (26-05-2011 15:03)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática