acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

caos (variacións)


Comentarios (0) - Categoría: foto-poemas - Publicado o 12-04-2013 08:37
# Ligazón permanente a este artigo
xa non será posíbel
como pole dos piñeiros
que a chuvia vai varrendo

desaparece
para sempre

e só queda
a agre sensación de que ti, ti tamén
es a persoa a quen se dirixe
cando agrede
desde o máis profundo
descoñecemento

doe
porque a amizade foi un fío
que uniu o tempo

e xa non existe

xa non será posíbel
neste silencio
que acusa
Comentarios (0) - Categoría: foto-poemas - Publicado o 16-10-2012 09:00
# Ligazón permanente a este artigo
labirinto

vida ou

labirinto de

altas sebes

enganosas


(foto Tokio)
Comentarios (0) - Categoría: foto-poemas - Publicado o 01-10-2012 14:48
# Ligazón permanente a este artigo
ourízome

ourízome
péchome en min
rodéome
de pugas irritantes
para que non
me
toquen
Comentarios (0) - Categoría: foto-poemas - Publicado o 14-09-2012 19:08
# Ligazón permanente a este artigo
sen sétimo día de descanso

A escrita é así. Aparece. E daquela un bar cheo de ruído, un papel calquera, o afortunado e querido lapis que me serve para ler, serven para capturar un instante de palabras.
Comentarios (0) - Categoría: foto-poemas - Publicado o 08-08-2012 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
Terra nos pés
Comentarios (0) - Categoría: foto-poemas - Publicado o 20-07-2012 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
tirando dun fío

escoitas unha canción do século pasado
e
como tirando dun fío
o pasado precipítase
amoréase impaciente ante os ollos da memoria

unha moza sentada no chan
descalza
que grava unha canción incompleta
que memoriza un poema
que é case unha definición
unha premonición
que entenderá
co andar dos anos

tras as cortinas das ventás vertixinosas
a luz cegadora dun verán case iniciático

o mundo era pequeno
e todo
todo
estaba por facer

todo agardaba

ela agardaba

abriu as portas de par en par
con saias de cores rechamantes
dourando a pel en tardes preguiceiras
deixando que o salitre deseñase carreiros
entre a penuxe invisíbel do seu ventre

tan estridente como a cor amarela dunha camisola de verán
era a ansia de fuxir e devorar a vida
unha bandeira de afirmación para salvarse
e ser ela
só ela
para sempre
Comentarios (0) - Categoría: foto-poemas - Publicado o 10-07-2012 11:25
# Ligazón permanente a este artigo
rutina dos días aucumulados
Dunas no deserto de Namibia, foto da wikipediasen mirar
deixo a man
correr sobre o teclado
para vencer
este ermo
que a rutina cruel
dos días acumulados
deixou sobre esta alma
incapaz de enfiar o pensamento

Comentarios (0) - Categoría: foto-poemas - Publicado o 31-03-2012 18:40
# Ligazón permanente a este artigo
A sombra que nunca se domina
A sombra que nunca se domina

cando esperto á mañá
ou cando agardo ao sono
xa lendo, xa en silencio
no medio do balbordo
o medo impón a sombra
que tan longa se estende
sen que o sol me permita
achar a súa medida
deseñar o artificio
que poida superala

como a vella da praza
cos pratos da balanza
poño e retiro pesas
sen que o fiel se deteña

así que sen sosego
bato na anca erguida
para chegar á luz

só a egua desbocada
que habita no faiado
pode saltar a sombra
que nunca se domina


Este poema inédito foi un dos tres que enviei a Miguel Losada para seren incluídos no 2º número da revista Áurea do Ateneo de Madrid, que se presentou o pasado 19 de decembro.

Actualización en 2012:

Finalmente estaba errada, non foi este un dos poemas publicados na revista Áurea.
Comentarios (1) - Categoría: foto-poemas - Publicado o 12-01-2012 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
preciso




preciso


unha boa copa de silencio


moitas racións de sono


e unha longa sobremesa de contemplación
Comentarios (7) - Categoría: foto-poemas - Publicado o 10-06-2011 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Acuática