acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

o lenzo

Como eses lenzos en que as capas de lixo van sedimentando até converter o cadro nun coiro escuro en que é difícil ver a imaxe orixinal, real, así o odio solda capa tras capa o desprezo e a mentira ao aceptar como certas as cómodas afirmacións dos maledicentes.

Comentarios (0) - Categoría: foto-poemas - Publicado o 31-10-2015 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
amencer

Comentarios (0) - Categoría: foto-poemas - Publicado o 09-10-2015 08:37
# Ligazón permanente a este artigo
Memoria de Bóveda



Este poema que titulei "Máis de corenta anos" forma parte do libro Cartafol poético para Alexandre Bóveda, publicado pola Xunta de Galicia en Espiral Maior por iniciativa de Luís Bará desde a Consellaría de Cultura. Foi no ano 2006.

A presentación realizárase en Pontevedra, no teatro Principal.

As colaboracións das e dos poetas ábrense cun poema de Manuel María que remata así:

Decretouse a nada, a morte criminal.
¡Mais a semenete agromou forte e varil
porque o sangue inocente é inmortal!
Comentarios (0) - Categoría: foto-poemas - Publicado o 17-08-2015 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
cansa

Comentarios (0) - Categoría: foto-poemas - Publicado o 29-07-2015 12:43
# Ligazón permanente a este artigo
cabalo de area
Comentarios (0) - Categoría: foto-poemas - Publicado o 07-07-2015 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
Para o 17 de maio de 2015

As rapazas do Espazo Feminista da Liga iniciaron unha campaña de visibilización das escritoras para este 17 de maio:

"Con motivo do Día das Letras Galegas, o Espazo Feminista da Liga decidimos levar a cabo unha campaña para concienciar sobre a escasa presenza de mulleres nesta homenaxe, xa sexan galardoadas (tan só tres) ou candidatas.
Queremos pór en valor a riqueza da que gozamos na literatura galega escrita por mulleres, polo que dedicaremos unha semana a recuperar estas figuras mediante a escolla dalgún verso dun poema ou un fragmento dunha obra (ou incluso frases das nosas cantautoras e artistas) pintado sobre un corpo e realizando unha fotografía.
A proposta estará aberta á participación de calquera persoa que queira enviar a súa propia imaxe e subirémolas ás redes durante a semana do 11 ao 17.
Agardamos que vos guste a nosa proposta e que sumedes a este proxecto as vosas contribucións emoticona smile"

Foi así como escolleron uns versos de As amantes de Hamlet e publicaron esta fermosa foto.

E este o texto que a acompaña:

Autora: Marta Dacosta
"Só que procuro escribir co corazón, co firme propósito de revolverlle o estómago ao que se senta fronte aos meus poemas, e que aínda teño que escribir o poema máis importante, pero non sei cando poderei facelo, porque ese, o poema comprometido co tempo en que estou a vivir e coa miña condición humana, precisa dunha voz sólida e un pulso firme."

Vigo (1966). Poeta, licenciada en filoloxía galego-portuguesa. É profesora de lingua e literatura galegas no ensino medio. Moitos dos seus poemas foron publicados en revistas como "Ólisbos", "Dorna", "Festa da Palabra Silenciada", en diversas publicacións colectivas, e na exposición "Botella ao mar". Ten colaborado con diversos xornais.
Algunha das súas obras: "Crear o mar en Compostela", "Baixo Miño", "Un mar de mulleres"..."

Grazas.
Comentarios (0) - Categoría: foto-poemas - Publicado o 13-05-2015 08:04
# Ligazón permanente a este artigo
En memoria de Isabel

Marilar Aleixandre lémbrame este poema, un poema escrito a partir das lendas das lavandeiras e que forma parte dun conxunto en que a literatura de tradición oral é protagonista.

Un poema para deixar pegada de que o sangue é o noso sino, desde o parto, até a morte, cada mes, cada vida.

Hoxe, non queremos conter a rabia.
Comentarios (0) - Categoría: foto-poemas - Publicado o 10-05-2015 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
pasamos polo tempo

Comentarios (0) - Categoría: foto-poemas - Publicado o 10-05-2015 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
8 de marzo

Comentarios (0) - Categoría: foto-poemas - Publicado o 07-03-2015 18:19
# Ligazón permanente a este artigo
Ruído




Agasallo para quen me acompañou nas presentacións de Dun lago escuro, especialmente Pedro Feijoo e Yolanda Castaño.

Grazas!
Comentarios (0) - Categoría: foto-poemas - Publicado o 27-02-2015 14:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Acuática