acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Torrente feminino, Xardín desordenado
Hai máis de vinte anos que escribín o poema que comeza "Hoxe estou en silencio...". Un poema que fun reescribindo até que chegou á súa forma definitiva e que recitei por primeira vez en xaneiro de 1995, no Macondo, en Cee, ao lado de Rafa Villar e Modesto Fraga, entre outros.

O poema integrouse no libro Setembro, premio Martín Códax en 1998, sendo logo publicado por Galaxia.

Anos depois pasou á formar parte dunha proposta didáctica elaborada polos autores dun manual publicado por A Nosa Terra: Literatura galega século XX. É unha das 40 propostas de análise que fan os autores. Das preguntas que se formulan sobre o texto despréndese que os autores consideran que o poema é unha reivindicación da identidade feminina, en que as mulleres evocadas pertencen a un estrato social determinado.

Un día, Xardín desordenado decidiu pórlle música e converteu o poema en valls que soa marabillosamente na voz de Marlene.

O poema da estirpe, dando voltas e máis voltas por ese corredor que é o tempo. Este venres volverá a oírse no antigo teatro Rosalía Castro de Vigo, hoxe chamado Auditorio de A Fundación. Dous días despois de que Andrea me comentase que este mesmo poema serve de ensaio para as oposicións de Secundaria nunha academia.

Mentres, eu sigo lembrando a miña avó.
Comentarios (0) - Categoría: Poemas musicados - Publicado o 16-09-2015 08:33
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Acuática