acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Memoria de Begoña Caamaño
Este 24 de outubro, un ano despois do seu pasamento, Compostela vivirá unha homenaxe a Begoña Caamaño.

O outono pasado, Eli Ríos convocábanos en nome de A Sega a construírmos un libro colectivo en homenaxe a Begoña. Eu entregueilles este poema, esta reconstrución do mito como Begoña facía, aos pés desa frase súa coa que tanto me identifico.


Escribo dende un xénero excluído e dende unha lingua minorizada e asumo a responsabilidade que esa escolla conleva”, Begoña Caamaño.



CINCO MIL anos
construíndo
unha imaxe perfecta
distorsio-
nada
medida
moldeada

imaxe que oculta
a faciana que
o tempo
a vida?
esculpiu
mesmo
sobre a dura
pedra



manobra de propaganda e
ocultación



e ti
quen es
a dama perfecta
deseñada para ocupar
a sala do museo
obxecto colocado para ser
o centro das miradas

ou a muller anciá que
se oculta baixo capas de escaiola
autoinvisibilizándose
negando
que o seu paso
pola historia
tamén é fermoso
nas engurras
no corpo deformado
testemuña
de que houbo vida
máis alá
da perfección
efímera


(Nefertiti)
Comentarios (0) - Categoría: des-tecer - Publicado o 24-10-2015 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
catorce poemas para des-tecer

VITAL E SILENCIOSA como a auga
que nace e sen estrépito alimenta
esa fonte imprescindíbel, era a nai


Estes versos abren o poema co que se pecha o caderno de poesía des-tecer que, ao longo de nove semanas, foi publicado nos cadernos de verán do Sermos Galiza.

Foron catorce poemas que abalaron do pasado ao presente e polos que transitaron mulleres anónimas ou con proxección histórica, como símbolos do que cómpre des-tecer.
Comentarios (0) - Categoría: des-tecer - Publicado o 27-08-2015 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
des-tecer IV

A cuarta enterga de des-
tecer, un poema en homenaxe a Begoña Caamaño:
“Escribo dende un xénero excluído e dende unha lingua minorizada e asumo a responsabilidade que esa escolla conleva”
Comentarios (0) - Categoría: des-tecer - Publicado o 29-07-2015 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
des-tecer III

Comentarios (0) - Categoría: des-tecer - Publicado o 17-07-2015 18:06
# Ligazón permanente a este artigo
des-tecer II

Comentarios (0) - Categoría: des-tecer - Publicado o 17-07-2015 18:05
# Ligazón permanente a este artigo
Des-tecer I
Comeza a publicación deste conxunto de poemas por entregas. Velaquí a primeira, en 2 de xullo de 2015. Compartindo páxina con Marica Campo, un pracer.
Comentarios (0) - Categoría: des-tecer - Publicado o 03-07-2015 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Cadernos de verán

E aquí está a nova.

des-
tecer

Un conxunto de poemas que se publicarán no Caderno de verán do Sermos Galiza, baixo a coordinación de Belén Puñal:

"poemas inéditos que compoñen historias de mulleres fiadas pola memoria baixo o título 'Des-tecer'"
Comentarios (0) - Categoría: des-tecer - Publicado o 01-07-2015 18:14
# Ligazón permanente a este artigo
en preparación



Preparando unha nova publicación, da que axiña saberedes.

Agardo que vos preste.
Comentarios (0) - Categoría: des-tecer - Publicado o 21-06-2015 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Acuática