acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Conversa en Fervenzas literarias
Hoxe Fervenzas literarias publica unha entrevista realizada por Nacho Alonso.

Canda novos na escola ensinábanos as diferentes partes do río. Todos os seus accidentes e elementos dende a fonte ata a desembocadura. Vivimos nun país esculpido co cicel do tempo e da auga, que trazou non só a xeografía desta terra, senón tamén o carácter das súas xentes.

Marta Dacosta é herdeira desa simbiose entre país e auga. Preséntanos a poesía como río, onde de vez o lector pode navegar entre os remansos dos versos máis introspectivos e persoais e a forza das fervenzas. Moitos elementos atopamos entre uns seus versos que, máis que flotar río baixo como Ofelia, remóntano sen acougo como as lampreas do Miño. Velaí está a reivindicación da liberdade, da muller, o compromiso; pero tamén está a dor, a decepción, a memoria, a natureza. Poucos poetas son capaces de conxugar con tanto acerto todos eses elementos como Marta Dacosta.

Falamos nesta conversa con Marta Dacosta sobre as súas orixes literarias e sobre a súa recomendable obra. Dende a metapoética de Crear o mar en Compostela ata o seu máis recente e magnífico poemario, Acuática alma.

...
"Eu non nacín no seo dunha familia cultivada e ben situada, máis ben todo o contrario. Eu avanzo con moito esforzo e tamén dunha forma intuitiva. Iso xera en min unha personalidade moi esixente."
Comentarios (0) - Categoría: entrevistas - Publicado o 05-06-2012 17:50
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista no Atlántico diario
A felicidade é unha conquista permanente que irremediabelmente ten unha data de caducidade?
Hai un poema en que digo que a felicidade é ese favo de mel que sempre estamos procurando, mais que só damos por el cando xa o tempo pasou e foi devorado polas larvas e cómpre comezar de novo. Non caduca, porque sempre a procuramos, porén, ás veces non a recoñecemos.

Parte da entrevista, realizada por Manuel Vidal Villaverde, publicada onte, 29 de agosto, no Atlántico diario.
Comentarios (0) - Categoría: entrevistas - Publicado o 30-08-2010 18:42
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
Acuática