acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

A cuncha
Bagaxe de palabras

Das miñas viaxes, sempre gardo unha lembranza literaria.

De regreso de Terceira, traio este fermosísimo poema, escrito alá en 1938, polo terceirense Vitorino Nemesio.

Descubrino andando as rúas de Praia da Vitoria, cando cheguei á Casa das Tias, a que fora a casa das súas tías en que o mozo se refuxiba e que hoxe, larga e amarela, acolle a biblioteca municipal de Praia.

Entrei, curiosa, e atopeime con este agasallo: a porta de cristal que dá acceso á sala e a garda do ruído leva inscrito este poema. E entón decidín gardalo na memoria:


A CONCHA

A minha casa é concha. Como os bichos
Segreguei-a de mim com paciência:
Fachada de marés, a sonho e lixos,
O horto e os muros só areia e ausência.

Minha casa sou eu e os meus caprichos.
O orgulho carregado de inocência
Se às vezes dá uma varanda, vence-a
O sal que os santos esboroou nos nichos.

E telhados de vidro, e escadarias
Frágeis, cobertas de hera, oh bronze falso!
Lareira aberta ao vento, as salas frias.

A minha casa... Mas é outra a história:
Sou eu ao vento e à chuva, aqui descalço,
Sentado numa pedra de memória.


Vitorino Nemésio, O Bicho Harmonioso (1938)
Comentarios (0) - Categoría: Acuática alma - Publicado o 03-09-2014 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
Falándolle a Xela
imaxe de Lois Ariasfálame do equilibrio
agora que non estás
desde a intocábel distancia
da morte

como acadar
o centro da ingravidez
e ignorar o desalento

tal vez coñezas a fórmula
da paz
os seus contornos ásperos

non me importaría tremer
ante o abecedario
se as túas palabras nacen
e deseñan para min
o alento cálido e lento
co que termar das horas
e poñer proa ao pánico
mentres o tempo avanza

cara ao inverno




Escribín este poema o 30 de setembro do ano 2008 (máis tarde formaría parte do libro Acuiática alma). Gardo a memoria do lugar en que estaba, sentada no meu coche, de libreta na man agarrando aquel instante, en Goián. Sei que tiña a Xela na memoria. Que mentres escribía, era con ela con quen dialogaba.

Lembrei onte este poema, na súa casa, rodeada dos seus. Agora déixoo aquí, como pretexto para dicir que hoxe, en tempo de entroido como cando naceu, cumpriría 52 anos.

A imaxe, foi feita por Lois Arias, en Oia, en 2003.

O vindeiro 11 de marzo a AELG organiza unha homenaxe a Xela Arias en Vigo, ás 19:00 horas no IES Álvaro Cunqueiro.
Comentarios (0) - Categoría: Acuática alma - Publicado o 04-03-2014 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Argola en Compostela

Organizada polo Galo, a libraría Pedreira acollerá o mércores 19 de febreiro ás 20.30, a presentación de Argola, último poemario de Marta Dacosta e un dos gañadores do I Premio de Poesía O Figurante.

Na presentación acompañaranme: Brais Pedreira Taboada e Alicia Fernández.
Comentarios (0) - Categoría: Acuática alma - Publicado o 13-02-2014 17:39
# Ligazón permanente a este artigo
Recención de Acuática alma

Acabo de atopar esta recensión de Acuática alma, de Vicente Araguas, en Nordesía, Suplemento dominical do Diario de Ferrol, do 10 de marzo de 2013 (ano XIV / Número 767), páxina 30.
Comentarios (0) - Categoría: Acuática alma - Publicado o 12-09-2013 08:34
# Ligazón permanente a este artigo
AQUÁTICA ALMA
Reproduzo a seguir un poema de Ramiro Torres a propósito do meu libro Aquática alma:

AQUÁTICA ALMA

Para Marta Dacosta, com afecto.

A alma da lava acha-se
sob as unhas do coração,
sume a dor no cérebro
azul da noite enquanto
as mãos penetram na
superfície do silêncio e
tocam mulheres ancoradas
no sangue da memória,
a escrever os seus nomes
na matriz do universo.
Elas caminham sobre
as pálpebras do olvido,
batendo no interior da
história, habitadas por
jardins trabalhados à
sombra do frio, transidas
por um ardor único que
retumba contra o medo:
as suas vulvas palpitam
no esplendor do verso,
na casa explodida de onde
emergem brandindo a luz
como aves de um oceano
invisível no centro do cosmos.

Março de 2012.



Moitas grazas
Comentarios (0) - Categoría: Acuática alma - Publicado o 28-05-2013 08:03
# Ligazón permanente a este artigo
Acuática alma en Incomunidade

A revista Incomunidade publica na súa edición de febreiro de 2013 o primeiro poema de Acuática alma.
Comentarios (0) - Categoría: Acuática alma - Publicado o 12-02-2013 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
Acuática alma en La Voz de Santiago
Despois de case un ano coloco nesta xanela a recensión que se publicaba na columna "A pie de calle" en "La Voz de Santiago" o día 16 de febreiro de 2012, con motivo da presentación de Acuática alma o día anterior na libraría Couceiro de Compostela.

M.B. titula a columna cunhas palabras miñas que resumen a entrevista que me fixo nos minutos previos á presentación: "A auga e o mar están sempre presentes nos meus libros".

Certo. Auga de mar, sobre todo, mais auga dos ríos tamén, a mesma chuvia. Como protagonista ou como paisaxe, como contexto necesario ou accidentalmente. Son, somos auga, e á auga volverei, volveremos.

Quero deixar aquí constancia de que recupero esta recensión grazas a Pilar García Negro, que a gardou e ma fixo chegar. Unha aperta a través da rede Pilar!
Comentarios (0) - Categoría: Acuática alma - Publicado o 20-01-2013 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
A lus do candil recomenda Acuática alma

A librería A Lus do candil, en Arteixo, na que o poeta Modesto Fraga ten parte importante, recomenda Acuática alma. Grazas.

Estas son as súas palabras:

"Para facer máis luminosas as fins de semana nada mellor que procurar acubillo na poesía galega, sobre todo cando falamos de literatura maiúsculas, como é o caso do poemario, "Acuática alma", de Marta Dacosta. A poeta viguesa, autora dunha obra en verso certamente prolixa, na que destacan títulos como "Crear o mar en Compostela", "Pel de ameixa", "setembro" ou "As amantes de Hamlet", vén de publicar agora en Espiral Maior unha nova entrega que desde "Á lus do Candil" vos recomendamos especialmente.
"Acuática alma". Marta Dacosta. Espiral Maior"
Comentarios (0) - Categoría: Acuática alma - Publicado o 05-08-2012 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Na Feira do libro de Vigo
O pasado venres 29 presentábase Acuática alma na Feira do libro de Vigo.

A anécdota foi o nome da persoa que presentaba o libro que naturalmente non é unha tal Rexina Villar, senón Rexina Vega.

Mentres agardaba, escibía, un poema ao que pertencen estes versos:

...
paro a falar
cuns e con outros
collo un libro
sorpréndome
caio na tentación
ou sigo
aboiando
como as follas do magnolio
que o vento pousa sobre o mar
opaco de petróleo e aceite
...

Comentarios (0) - Categoría: Acuática alma - Publicado o 02-07-2012 20:14
# Ligazón permanente a este artigo
Recensión de Acuática alma no Faro das letras
Recensión de Armando Requeixo, publicada no Faro das letras do 5 de abril.



Poética aloia.
Alén Atenea.


Novo Violante demanda caracteres mil de Acuática
alma.

Aprendiz de Lope, burla burlando, enfía o texto: verso palmípede, escrita de himantalia elongata, río de verbas que todo o pode, revolta contra a escravitude (xenérica), sacrificio do cisne lacrimóxeno, xeración da escama translúcida, denuncia do terror cristalizado da muller violentada,mar para Antígona desobediente, Ofelia vitimada e vingadora, corazón desértico entre doentes friaxes, tempo espido que o vento leva, tardes na contemplación da soleira, praga das maledicencias e traizóns, procura do equilibrio no mesmo centro da ingravidez, brisa entre a area brillante e cegadora, señardade do fermento das horas luminosas,morotes maduros e cansazo eterno, absurdo da morte inapelable e balsámicas palabras, dor tanxíbel que abrasa, solidariedade palestina, lembranzas dos devanceiros e represaliados, eco de luz e corpo líquido,máis alá de Nausícaa, alén Atenea,de Adartia filla no delirio Aloia.

Contade se van,que a cousa está feita.
Comentarios (0) - Categoría: Acuática alma - Publicado o 06-04-2012 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
Acuática