A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

FEIRA MODERNISTA DE SADA 2015
Hoxe inaugurase en Sada a Feira Modernista, e, ademáis de ter presenza cun tenderete propio, a nosa asociación o colabora cun acto na Capela de San Roque, que dará comezo ás 20 horas. Hoxe venres, 31 de xullo, ás 20:00 horas, co programa seguinte:

- "Modernismo na Filla da Ría de Prata", set. 2014, GalaeciaFilma, curtametraxe de Xosé Seoane.
-"Arquitectura Modernista en Sada", conferencia de J. R. Soraluce.
- Inauguración da exposicion fotográfica- didáctica sobre o Modernismo

Deixámosvos unha isntantánea do noso posto mentres o montábamos. Alí vos agardamos dende hoxe ata o domingo!
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 31-07-2015 19:48
# Ligazón permanente a este artigo
ESTAREMOS NA FEIRA MODERNISTA
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 29-07-2015 22:15
# Ligazón permanente a este artigo
DIA MUNDIAL DA POBOACIÓN

O 11 de xullo de 1987 se celebrou o Día dos 5 mil millóns. Pasados dous años, o Consello de Administración do Programa das Nacións Unidas para o Desenrolo propuxo que todos os 11 de xullo tiveran o mesmo nome: Día Mundial da Poboación.

O número de persoas que vivimos na Terra aumenta dun xeito extraordinario co paso do tempo. Así en outubro de 1999 chegamos aos 6 mil millóns e,en só doce anos, en outubro de 2011,alcanzamos a cifra dos 7.000 millóns.


O lema para o 2015 é: Poboacións vulnerables en situacións de emerxencia pois según a mensaxe do Secretario Xeral das N.U. Ban Ki-moon " case 60 millóns de persoas fuxiron dos lugares de conflictos ou desastres, onde as mulleres e as adolescentes son especialmente vulnerables. Os extremistas violentos e os grupos armados cometen abusos terribles que provocan traumas, embarazos no desexados e infeccións polo VIH e outras enfermidades".
Comentarios (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 12-07-2015 23:37
# Ligazón permanente a este artigo
FOTOS DA PRESENTACIÓN DO CADERNO SOBRE MONCHO VALCARCE
O mércores 1 de xullo de 2015 presentamos en Sada o caderno “Moncho Valcarce. Un militante social e político galeguista, un cura atípico, un profeta e un místico cristián”, O Nº 4 dos nosos Cadernos de Estudos Xerais, publicado en colaboración coa Irmandade Moncho Valcarce.






Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 10-07-2015 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal